Benvidos e benvidas á nova web de Veterinario de Poio. Esta web foi creada coa ilusión de renovar este proxecto que existe para axudar a moitas persoas, coma ti. Persoas preocupadas polo coidado das súas mascotas.
✨ Empecemos coa presentación da nova web!! 👩🏻⚕️👩🏻⚕️👨🏻⚕️
¿De qué hablamos en este artículo?
SOMOS O VETERINARIO DE POIO
Aquí todo o mundo é benvido! Somos un equipo de profesionaisexpertos en saúde preventiva para cans e gatos. Son Guillermo Campos, veterinario clínico e fundador de Veterinario de Poio e o protagonista da canle de youtube de Veterinario de Familia. Dende sempre me sinto moi concernido pola vida, pola natureza e por facer «o ben». Coidar e curar os animais é algo que me motiva e ao cal sinto que paga a pena dedicar o meu esforzo e o meu talento. Ademáis, axudar aos animaliños máis queridos polas familias supón moitas veces nuha experiencia humana extraordinaria.
Por iso eu, e máis o meu equipo, estamos aquí. Eu, concretamente, me seguirei dedicando a isto mentres sinta que vos podo axudar a ser máis felices. Penso que se lle damos un bo uso ao noso don, ese don co que todos nacemos, poderemos adicar as nosas vidas a axudar a outros e sentirnos orgullosos cada día do que facemos para evolucionar non so como profesionais, senón tamén como persoas, e en todos os sentidos.
Irene e Zaida son as nosas auxiliares, apaixonadas e comprometidas coa misión que temos na clínica: a de coidar dos teus animais co mesmo coidado ca ti.
Esta páxina web é para que todo o mundo saiba quen somos, onde estamos e qué facemos. Para axudar a outros a enriquecer a súa relación e as vivencias coas súas mascotas, coidándoas especialmente ben a través dos nosos Plans de SaúdeTeuVet.
Queremos dar a coñecer todos os servizos que ofrecemos na nosa clínica e compartir conselloscontigo sobre temas relacionados co sector veterinario e o coidado dos teu peludiños.
PLANS DE SAÚDE TEUVET: DALLE AOS TEUS PELUDOS O MELLOR
En outras palabras, queremos brindarte a oportunidade de facer a mellor medicina preventiva por medio dos nosos Plans de Saúde TeuVet.
A nosa MISIÓNé axudar a mellorar a calidade de vida de todos aqueles seres aos que amas, que consideras membros da túa familia, e sabemos que eso significa incluir as túas mascotas.
O noso OBXECTIVOcon esta nova web é compartir información de valor a través de todos os contidos que atoparás nos diferentes apartados.
Desexamos que todos teñan a mellor experiencia visitando a nosa Clínica Veterinaria en Poio e que comprendas mellor a situación actual da saúde do seu animal de compañía 🐕🐈🐇.
E como non, da mesma maneira queremos que estedes ao tanto das últimas novidades, por exemplo da Nova Lei de Dereitos eBenestar Animal.
O VETERINARIO DE POIO É O QUE ESTÁ CONTIGO, O DE FAMILIA
Sabemos que os nosos clientes e amigos queren estar ao día, por iso, todos os martes podes escoitar a sección de Guillermo Campos na Radio e seguirnos na nosa canle de YouTube.
Unha novidade desta páxina é que ofertamos consultas online xa que algunhas persoas desexan facer consultas telemáticas para coñecer mellor os problemas de saúde que afectan as súas mascotas e, deste xeito, contrastar opinións.
¿QUÉ BENEFICIOS TEN SEGUIR A NOSA WEB?
Melloramos a nosa páxina web (www.veterinariodepoio.com) para chegar a máis persoas que precisen dos nosos servizos. Neste mundo cibernético é imprescindible adaptarse. Nesta web atoparás información sobre os profesionais que traballan na clínica, sobre as súas instalacións e sobre a súa ubicación e horario. Se tes algunha dúbida sempre podes chamar ao número de teléfono que aparece na cabeceira deste páxina.
Ir ao veterinario é unha inversión a longo prazo, a medicina preventiva ten ferramentas para que o teu peludo teña unha vida mellor e máis longa.
Aquí estaremos publicando novos post ao mes, para intentar axudar e asesorara quen o precise.
¿QUÉ QUEREMOS ACADAR COA NOVA WEB?
A nova web construiuse en base ao concepto Veterinario de Familia, poñendo en práctica a mellora dos nosos servizos nos que tenemosmáis de 25 anos de experiencia.
A páxina www.veterinariodepoio.com deseñouse para ofrecer unha experiencia á altura dos nosos servizos. Os usuarios atoparán a través dos nosos contidos información sobre:
A Clínica Veterinaria de Poio
Novidades no sector veterinario
A saúde dos cans
A saúde dos gatos
O mundo animal
¿CALES SON OS SERVIZOS QUE OFRECEMOS NA CLÍNICA DE VETERINARIO DE POIO?
A Medicina Preventiva ➡ os Plans de saúde TeuVet son nuestro servicio principal
🩺 As revisións:dependendo do animal, idade, tipo de vida e historial de saúde, recomendarémosche as analíticas ou probas máis oportunas para diagnosticar correctamente os trastornos non detectables por medio dun exame físico.
💊 Desparasitar internamente:os parasitos internos empeoran o estado físico e poden causar danos irreversibles ou inclusive, nalgúns casos, transmitirse ás persoas e por iso recomendamos desparasitar cada 3 meses.
💊 Desparasitar externamente:as pulgas, os ácaros, os piollos, os mosquitos e outros bichos poden orixinar enfermidades na pel, propagarse entre mascotas e ser o medio de contaxio de varios tipos de enfermidades, algunhas moi graves e algunhas tamén transmisibles ás persoas.
💉 Vacinar:por medio das vacinas conseguimos que o sistema inmunitario cree defensas para evitar o risco de contaxio de determinadas enfermidades perigrosas para a saúde de túa mascota ou difíciles de tratar.
👁🗨 Identificar:se lle implantas a túa mascota un microchip, ademáis de cumplir coas estipulacións legais, aumentas as probabilidades de atopalo en caso de pérdida, sobre todo se é un animal que vive solto no campo ou ten acceso ao exterior.
🏥 Esterilizar:é importante valorar se interesa esterilizar, pois se non tes previsto criar, deberías plantexarte facelo, así evitarás problemas de comportamento e a aparición de enfermidades relacionadas co seu aparato reproductor ou as mamas se son femias.
A Medicina Paliativa ➡ de este xeito atopamos cómo podemos curar aos teus animais:
✔ Mediante consultas por enfermidade
✔ Realizando probas analíticas e de laboratorio na nosa clínica
✔ Con diagnóstico por imaxe (radiografías e ecografías)
✔ A través dunha electrocardiografía
✔ E se fora necesario, por medio de operacións quirúrxicas
👨🏻⚕️💻 Segundas opinións e revisións online: trátase dun servizo de Medicina online a través do que podes solicitar unha cita telemática.
24/7Atención de emerxencias fóra de horario: é un servizo exclusivo para clientes das Clínicas Anida, Darwin, MCVET y Veterinario de Poio, aos que ofrecemos a posibilidade de atender as consultas que necesiten unha atención urxente fóra do horario.
🤔💬 Recordatorios para as atencións programadas: é un servizo para poñerte as cousas máis fáciles, porque a algúns cóstanos máis recordar. Co noso sistema de recordatorios nunca máis te olvidarás das túas citas programadas co veterinario.
💉🩺 Visitas a domicilio: este é un servizo suxeito á dispoñibilidade, debe solicitarse con antelación e consiste en desprazarnos ata 10km, para realizar vacinacións e outras atencións sinxelas que non precisen equipamiento clínico.
Polo tanto, para poñer en práctica algún destes servizos na vida de túa Mascota, aconsellámoste contratar os nosos plans de saúde TeuVet. Podes consultar aquí toda información:
Se queres coñecernos, ven a visitarnos. Tamén podes seguir a nosa canle de YouTube de Veterinario de Familiae en Instagram ou escoita o programa na Radio (todos los martes a las 13:10 en Radio Pontevedra).
Lee, comenta e comparte as nosas publicaciones no Blog… y por suposto, contacta con nós, solicita a túa cita previa e ven visitarnos.
¡Agardámoste cos brazos abertos para coidar e mimar ao teu peludiño! 🤗 🐶🐱
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!