Ola bichiños! No post desta semana vamos falar sobre a nova lei de protección dos dereitos e do benestar animal, facendo especial fincapé nos cans. O obxectivo principal desta lei non é tanto garantir o benestar dos animais evaluando as condicións que se lles ofrecen, senón regular o recoñecemento e a protección da dignidade dos animais por parte da sociedade. Por tanto, non regula aos animais como un elemento máis dentro da nosa actividade económica aos que se deban unhas condicións pola súa capacidade de sentir, senón que regula o nosos comportamento cara a eles como seres vivos dentro do noso entorno de convivencia. Neste blog tamén falamos das vacinas que precisa o noso can. ¡Bótalle un ollo!
A canle de Youtube de Veterinario de familia é o espazo adicado á actualidade. Compartiremos videos interesantes, entretidos e con contido de valor para os nosos seguidores. As temáticas serán variadas. Dende o comportamento dos animais ata curiosidades atemporais dos peludos. Esperamos que vos gusten tanto como a nós. Deixádenos un like no video e suscribiros para non perdervos nada <3 Xa vos deixamos cos CANS e a NOVA LEI de protección dos dereitos e do benestar animal na nosa canle de Veterinario de Familia.